GalicianTranslation
From Wesnoth
“A batalla por Wesnoth” está sendo traducido por colaboradores do Proxecto Trasno, e na wiki do proxecto hai un artigo adicado a dita tradución que resultará de gran axuda a todo aquel interesado en unirse a esta tradución.
En calquera caso, pode poñerse en contacto cos tradutores actuais a través da lista de correo electrónico de Trasno, ben sexa para solicitar información sobre a tradución, ofrecerse para colaborar, etc.
Pode consultar o estado da tradución de A batalla por Wesnoth ao galego aquí.
Contents |
Convencións tipográficas
- Estas convencións tipográficas son unha adaptación das orixinais en inglés ao caso do galego.
Títulos
Os títulos das campañas e dos seus escenarios só levan maiúscula a letra inicial da primeira palabra, así como a letra inicial dos nomes propios que conteña.
Símbolos
Apóstrofe (’)
- Pode escribirse coa combinación de teclas Maiús+AltGr+B.
Este carácter só é necesario empregalo cando, ao adaptar un nome propio da cadea orixinal, se opte por deixar o apóstrofe orixinal. Exemplo: Li’sar.
Comiñas dobres (“”)
- Poden escribirse coas combinacións de teclas AltGr+V e AltGr+B.
- Alcumes que seguen a nomes propios. Exemplo: Adrián “O grande”.
- Palabras inventadas, mal entendidas, ou nas que se quere facer fincapé.
Comiñas latinas («»)
- Poden escribirse coas combinacións de teclas AltGr+Z e AltGr+X.
- Citas textuais. Exemplo: O xeneral dixo «esta noite hai festa».
Guión (-)
- Pode escribirse coa tecla que adoita estar á dereita da do punto (.).
- Separar o ataque da defensa. Exemplo: A unidade é unha 4-1, pouco pode facer contra unha 6-6.
- Para unir palabras. Exemplo: O home-araña.
- Para marcar letras que faltan nun texto. Exemplo: -l-, m-nd-!.
Menos (–)
- Pode escribirse premendo, xunto coa tecla composición, dúas veces o carácter do guión (-) e unha o do punto (.).
- Precedendo cantidades negativas.
Parénteses (())
- Poden escribirse coas combinacións de teclas Maiús+8 e Maiús+9.
- Descricións de situacións. Neste caso, o contido debe ir en letra cursiva. Exemplo:
- Adeus! (e o cabaleiro desaparece no horizonte).
Puntos suspensivos (…)
- Pode escribirse premendo, xunto coa tecla de composición, dúas veces o carácter do punto (.).
- Antes dunha interrupción inesperada. Exemplo: E agora… Unha interrupción inesperada!
Raia (—)
- Pode escribirse premendo, xunto coa tecla de composición, tres veces o carácter do guión (-).
- Ao comezo dos diálogos.
- Exemplo:
- — Que si, ho.
- — Que che digo que nin de broma.
- Diante de referencias bibliográficas.
- Exemplo: ― Princesa Li’sar, 515 d.W.
- Entre texto tipo paréntese pero necesario.
- Cómpre ter en conta que moitas veces, cando en inglés empregan unha raia, en galego o mellor é substituíla por unha coma, especialmente cando vai ao final dunha oración.
Sons
Estes son algúns dos sons que poden emitir as personaxes:
- Hmm…
- Reflexión sobre algo novo.
- Agh
- Noxo.
